LisLatas

Patente

Punteiro afinabel.

A presente invención refirese a un punteiro para a tipoloxía da gaita galega, asturiana ou escocesa, así como para outras de construción similar, nas cales se conseguen con este invento notábeis melloras. Isto acontece grazas á utilización dun punteiro afinábel, que permite regular a afinación sen necesidade de manipular a palleta cada vez que se precisar afinar o punteiro.

 

Antecedentes da invención

Son coñecidos punteiros nos cales se incorpora un tudel móbil que se sitúa no orificio de colocación da palleta, o que formula o inconveniente de que no axuste da afinación é necesario extraermos o punteiro da gaita para podermos regular a devandita afinación. Para alén disto, o tudel a que facemos mención, de fabricación metálica, repercute negativamente no timbre e brillo do son do punteiro. Este tudel foi probado con éxito soamente en punteiros asturianos.

No entanto, a experiencia demostrou que é posibel mellorarmos as características do punteiro citado neste apartado e, en consecuencia, comezou a se idear un novo punteiro cunhas características determinadass, constituíntes do obxecto da presente invención.

Descrición da invención

O punteiro afinabel para gaita galega, asturiana, escocesa, ou outras de similar construcción, consta de varias partes independentes que se ensamblan para formar un so corpo ou punteiro afinabel regulabel en tamaño.

O punteiro afinabel formado por tres partes na descripción da patente de invención 200200509, pode ser modificado en diferentes aspectos producindo unha mellora na afinación do instrumento.

Podemos dividir en varias pezas o corpo sonoro, tantas como orificios sonoros teña o punteiro e técnicamente seña posible.

Incorporarmos á unha serie de sistemas que se describen a continuación:

O sistema de ruptura en diferentes parte do punteiro afinabel, é a aplicación do sistema primario do punteiro afinabel os diferentes orificios do corpo sonoro, permitindo fracturar este corpo en dous, tres ou mais partes en función das necesidades do instrumento

Outro sistema utilizado nesta patente é o sistema por desprazamento. Consta dun corpo sonoro externo donde os orificios sonoros son os mais grandes que os orificios sonoros reais que se situan no corpo sonoro interno; Mediante o desprazamento do corpo sonoro interno a través do corpo sonoro externo desplazamos os orificios sonoros reais hacia arriab ou hacia abaixo modificando a sua afinación; este sistema pode aplicarse a un orificio sonoro, a un grupo de orificios ou a totalidade do instrumento.

Dentro de este sistema por desprazamento aplicamos unha segunda modalidad donde os orificios sonoros reais atopanse no corpo sonoro externo e os de maior tamaño situanse no corpo sonoro interno, permitindonos desplazar o corpo sonoro interno dentro do corpo sonoro externo sen afectar os orificios sonoros reais, o que nos permite decidir que notas queremos desplazar e cuais non; este sistema como os anteriores é a unha nota, a un grupo de notas ou a totalidade do instrumento.

O terceiro sistema incorporado é o de pasadores, aplicabels a unha nota, a un conxunto de notas ou a totalidade do instrumento. Estos pasadores poden utilizar un sistema de muelle ou similar; para o seu correcto funcionamiento é recomendabel a descomposición do orificio sonoro (o cual vaise aplicar o pasador) en dous ou mais orificios sonoros, mantendo sempre o orificio sonoro principal aberto, aplicando o pasador sobre os demais. Tamén podese utilizar unha anela móvil que ó xirar abra os orificios sonoros secundarios.

Reivindicacións

Punteiro afinabel caracterizado por:

Unha división en diferentes partes do instrumento que permiten acortalo, alargalo, desplazar orificios, e tapar ou destapar orificios con pasadores en función das necesidades de afinación que en cada momento se requira.