LisLatas

Anelados

Non son so unha cuestión estética para decidirmos a construción dunha gaita, pois teñen un papel moito importante na durabilidade do instrumento. Resultan ser máis efectivos os metálicos, como prata ou latón, que recobren a madeira facendo que esta non fenda con facilidade nas xuntas. Os anelados en metacrilato ou madeira son tamén moito consistentes e dan un xogo de color ao instrumento.

O dobre anelado e recubrimento dos espigos da gaita consegue que o instrumento acade o seu esplendor estético, facendo dun instrumento musical, aliás, case unha obra de arte que, nalgúns casos, vai acompañada de incrustacións ou tallas, sempre adecuadas ao instrumento e estudadas e matizadas para non perder o equilibrio entre a beleza estética e a consonancia cun instrumento musical. Neste punto, como é lóxico deducirmos, estamos a falar de instrumentos personalizados e únicos.

Os materiais empregados no Obradoiro son os seguintes: