LisLatas

Lis

Nace un 8 de marzo de 1971. Con 4 anos inicia as súas primeiras clases de baile tradicional en Candai, na casa de Tiopedro, continuando no grupo 'As Feiticeiras de Paradai' no que ingresa ós 7 anos de idade. Dous anos despois pasa a formar parte das escolas de 'Cántigas e Frores' de Lugo, onde toma os primeiros contactos coa gaita galega. ós 14 anos comeza a impartir clases de baile en diferentes parbularios e, xa con 17, entra a formar parte da primeira asociación de mestres de baile de Lugo. Un ano máis tarde nace unha nova asociación cultural na capital lucense, 'Reviravolta', da que é socio fundador. A partir deste momento comeza a dar clases de baile e gaita en diferentes asociacións da provincia de lugo e o occidente de Asturias: 'Antaruxas e Sorteiros' da Fonsagrada, 'Airiños do Neira' de Baralla, 'Xistra' de Pedrafita do Cebreiro, asociación de Triacastela, 'Os Castros' en Taramundi, 'Pola Vila' de San Antolín de íbias, asociación de San Martín de Oscos, asociación do Cádabo e tamén no colexio da mesma localidade, asociación de veciños de Conturiz, ...
  

Realiza estudios universitarios na Escola de Maxisterio Infantil do campus lucense. Na súa ampla traxectoria profesional forma parte de proxectos de diferente índole:

Na actualidade forma parte do grupo folk Reviravolta de Lugo como director musical.


Traballa durante 4 anos (1996-2000) na tenda musical 'Arco Iris' de Lugo como técnico da sección de folk e reparador de instrumentos musicais.

No ano 1997 produce o disco 'O Miño non pasa por Escocia' do grupo 'Reviravolta'.

Colabora no disco 'Razas' de Arturo Vaquero (1998). Participa na banda sonora da serie televisiva Camiño de Santiago, emitida en Telecinco no ano 1999.

Comeza no mundo da construcción de instrumentos no ano 1999 da man do ilustre gaiteiro, Pepe Vaamonde, pilar fundamental na súa evolución como artesán.

Presenta o traballo discográfico '166.000 Xentes Libres no Lincoln' Center de Nova York ( Novembro do 2000).

Colabora con diferentes grupos musicais: 'Seare de Sarria' e 'Os moricegos de Taramundi'.

Realiza un curso de ebanistería impartido polo mestre Delfín Blanco no ano 2001.

No ano 2002 patenta o primeiro punteiro afinable do mundo incorporando unha mellora á patente no 2005.

Ademáis do seu traballo como artesán, na actualidade segue impartindo clases de baile nalgunhas asociacións da provincia lucense e dirixindo o grupo folk Reviravolta.