LisLatas

Instalación

O primeiro esteo do obradoiro é a maquinaria e ferramentas de primeira cualidade, adaptadas ou construídas expresamente para a fabricación de gaitas.

Marisa dirixe o taller de confección, onde se investiga nos diversos tecidos e onde se elaboran as diferentes fundas das gaitas. Este proceso é salientábel non soamente pola súa estética, mais tamén pola parte máis importante, como é a comodidade e a perfecta adaptación ao intérprete.

Unha das partes fundamentais da gaita é o fol e a funda que o recobre, xa que esta define o seu colorido e a súa vistosidade. Sen ningún tipo de dúbida, isto tórnase nunha faceta que, desde o noso obradoiro de confección, coidamos nomeadamente. Neste sentido, unha das apostas máis importantes na confección das nosas fundas para a gaita foi e continúa a ser a evolución no formato do vestido, facendo que o fol e a colocación da gaita sexan o máis comodas posíbeis. A este respecto, podemos afirmar que se interaxe co músico totalmente, permitíndolle acadar un tempero do instrumento fácil e preciso.