LisLatas

Control de cualidade

Outro substrato importante do obradoiro é o rigoroso control de cualidade de cada un dos instrumentos que saen del, que comeza cunha selección das madeiras máis axeitadas (para cada un dos instrumentos), seguido dun proceso de construción perfectamente estudado para a estabilidade na madeira. Após esta primeira fase, vén unha selección de palletas e pallóns de contrastada cualidade, para, por último, concluír cun control do instrumento e cunha posta a punto antes da súa entrega á persoa que o encarregou.

Para construir instrumentos musicais profesionais é fundamental o traballo en equipo de diferentes especialistas adaptados ao organigrama do obradoiro.

Un músico profesional, como é PEPE VAAMONDE, é o responsábel de realizar un minucioso control de cualidade de cada un dos instrumentos que saen do obradoiro. Este famoso e laureado gaiteiro ocúpase da posta a punto e rodaxe de cada gaita até contrastar a súa fiabilidade; para isto, despois de probar cada instrumento, sinala, se for o caso, as correccións necesarias en cada unha dos gaitas. Tamén se encarrega de guiar as distintas investigacións que se desenvolven no obradoiro: punteiro afinabel, ergonomía e melloras técnicas do instrumento, melloras na afinación etc.

Indubitabelmente, a simbiose músico-artesán fai que cada día melloremos e apostemos por novos retos na construción da gaita.